Bind mounts
No capítulo anterior, empregamos un named volume para manter os datos da nosa base de datos. Os named volumes son unha boa opción se non queremos preocuparnos de onde se gardan os datos e non queremos acceder aos mesmos con certa frecuencia, ou observar os cambios producidos.
Cos bind mounts, podemos xestionar a ruta exacta dentro do equipo anfitrión. Por exemplo, pode ser frecuente compartir o código fonte da aplicación co contedor e monitorizar os posibles cambios dentro do código fonte.