Saltar navegación

Lab #03

Engadir un proxy inverso

Tomando como punto de partida, o ficheiro docker-compose.yml que foi utilizado no apartado Docker Compose, imos engadir un proxy diante da nosa aplicación para que atenda as peticións recibidas no porto 80 e 443.

Tarefa 1. Engadir o servizo NPM

  1. Imos facer uso de Nginx Proxy Manager para situar diante da nosa aplicación. Tal e como se indica no sitio web do proxecto, temos que inserir o seguinte código dentro do noso ficheiro docker-compose.yml
    services:
      app:
        image: 'jc21/nginx-proxy-manager:latest'
        restart: unless-stopped
        ports:
          - '80:80'
          - '81:81'
          - '443:443'
        volumes:
          - ./data:/data
          - ./letsencrypt:/etc/letsencrypt
  2. Debemos ter precaución co porto 80 por se estivera sendo usado por outro contedor do noso proxecto.
  3. Unha vez finalizada a edición do novo ficheiro docker-compose.yml, procedemos a levantar todos os servizos definidos:
    $ docker compose up -d
  4. Para mellorar a conectividade entre os diferentes contedores, imos definir dúas redes separadas, de tal forma que o noso servidor proxy non teña acceso ao contedor da base de datos. Imos polo tanto, declarar dúas redes diferentes chamadas frontend e backend. Debemos configurar correctamente ditas redes en cada un dos servizos do proxecto.
    networks:
      - frontend
      - backend
  5. Tamén é necesario declarar estas dúas redes ao final do ficheiro docker-compose.yml
    networks:
      frontend:
      backend:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)