Parte 1. Escribir un Dockerfile
- Crea un ficheiro co nome Dockerfile (sen extensión) co seguinte contido:
FROM ubuntu
RUN apt update
RUN apt install -y python3
ADD hello.py /home/hello.py
ADD a.py /home/a.py
CMD ["/home/hello.py"]
ENTRYPOINT ["python3"]
- As palabras chave CMD e ENTRYPOINT poden modificar o contorno de execución para un contedor. Se se especifica un comando a través de CMD, este será executado xusto cando se crea a partir dunha imaxe. Este comando pode ser modificado en tempo de execución se o usuario indica outro comando diferente cando executa un contedor co comando 'docker run'. Con ENTRYPOINT, os comandos non poden ser modificados en tempo de execución. É posible combinar o uso destas palabras, de tal forma que con ENTRYPOINT indicamos o comando por defecto e con CMD os argumentos por defecto para dito comando, que poderán ser sobreescritos polo usuario en tempo de execución.
Parte 2. Escribir os scripts de Python
- Código para hello.py:
print ("Ola mundo!")
- Código para a.py:
print ("Outra mensaxe")
Parte 3. Construír e executar a imaxe
- Executa o seguinte comando para construír a imaxe:
docker build -t pythonimage .
- Crea un novo contedor baseado na imaxe anterior:
docker run --rm --name test1 pythonimage
- Lanza un novo contedor pero que execute un script diferente:
docker run --rm --name test2 pythonimage /home/a.py
Parte 4. Tarefas extra.
- Crea un novo script co nome b.py co seguinte contido:
print("Mensaxe gardada no host")
- E fai que se execute como argumento para un contedor creado a partires da imaxe anterior.
- Sube esta imaxe a un novo repositorio creado en hub.docker.com