Saltar navegación

Actualizando a App

Tarefa

  1. Acabas de recibir unha petición para modificar o texto que aparece cando non hai ningún elemento na lista de tarefas (No items yet! Add one above!), para que se amose a seguinte mensaxe no seu lugar:
    You have no todo items yet! Add one above!
  2. A mensaxe anterior está localizada na fila 56 do ficheiro ~/app/src/static/js/app.js. Podes modificar este ficheiro dende o botón EDITOR.
  3. Unha vez realizado o cambio, procedemos coa xeración da nova imaxe, que incorporará este cambio na mensaxe.
    $ docker build -t docker-todo .
  4. Executa de novo un contedor baseado nesta nova imaxe
    $ docker run -dp 3000:3000 docker-todo

É moi probable que apareza unha mensaxe de erro parecida á seguinte:

d61b906234ab55542899da2608ea068d3b6547977bb6fa15a9ad5413d34f9e1f
docker: Error response from daemon: driver failed programming external connectivity on endpoint musing_darwin (10e67035fa6007f0e58dbe280684f4220a9d9216efb30
a68984c773349d5c781): Bind for 0.0.0.0:3000 failed: port is already allocated.

Que pasou? Pois que aínda temos en execución o contedor anterior, e hai un conflito á hora de publicar a aplicación no porto 3000 do equipo anfitrión (host). Para resolver este conflicto, temos que deter o contedor anterior. Executa os seguinte comandos:

  1. Localizamos o ID do contedor antigo co comando docker ps
  2. Detemos a súa execución co comando docker stop <id>
  3. Unha vez detido o contedor, procedemos á súa eliminación con docker rm <id>
  4. Agora, executamos de novo o comando para iniciar un contedor baseado na nova imaxe da nosa aplicación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)