Saltar navegación

Características principais

Puntos fortes do uso de contedores

  • Lixeiro
    • Un contedor, polo xeral, ocupa moi pouco espazo en disco (P.ex.: nginx:alpine ocupa só 15MB)
  • Repositorios
    • Facilidade para compartir contedores en repositorios e movelos entre contornos de desenvolvemento. Poden crearse a través dun ficheiro Dockerfile.
  • Orquestación
    • Existen diferentes ferramentas para monitorizar, auto despregar, escalado, etc.
  • Contorno local para desenvolvemento
    • Capacidade para acceder a contornos onde poder traballar nas mesmas condicións, e facer todas as probas necesarias.

Puntos débiles do uso de contedores

  • Dificultade
    • Migrar aplicacións a un contedor pode supoñer un incremento na complexidade de mantemento.
  • Seguridade
    • Compartir o núcleo abre a posibilidade de que unha vulnerabilidade afecte a todos os contedores, ou ao sistema anfitrión.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)