Saltar navegación

Lab #04

Todo List Postgres

Neste laboratorio imos ver como se poden empregar os 'secrets' de Docker. Un xeito de gardar datos confidenciais cando non dispoñemos dun contorno como Swarm ou Kubernetes.

  1. Descarga o ficheiro situado na parte superior desta páxina e descomprímeo no teu equipo.
  2. Observa o contido do ficheiro docker-compose.yml e fai os cambios que consideres necesarios para optimizar o funcionamento dos servizos declarados neste ficheiro.
  3. Neste proxecto estase a utilizar un ficheiro para gardar un 'secret', de tal forma que este contido non aparece de xeito explícito no ficheiro docker-compose.yml. Deste xeito incrementamos a seguridade do noso servizo ao non compartir este ficheiro nun repositorio público, por exemplo.

Uso de secrets no proxecto todo-app

Neste laboratorio imos mellorar a seguridade no noso proxecto TODO-APP engadindo un ficheiro para gardar o contrasinal do usuario root na base de datos MySQL.

  1. No servizo mysql, cambiamos a liña que contén a variable MYSQL_ROOT_PASSWORD, pola seguinte liña:
    MYSQL_ROOT_PASSWORD_FILE: /run/secrets/my_secret
  2. Neste mesmo servizo engadimos as seguintes liñas:
    secrets:
      - my_secret
  3. E, por último, ao final do ficheiro escribimos as seguintes liñas para definir onde se pode atopar o ficheiro que contén o contrasinal para o servizo mysql.
    secrets:
      my_secret:
        file: ./my_secret.txt

Feito con eXeLearning (Nova xanela)