Análise de situación
Chegados a este punto, e despois de traballar coa nosa aplicación nun só contedor, imos engadir MySQL ao noso stack de traballo. E cabe a seguinte pregunta; onde executamos o noso servizo MySQL? no mesmo contedor ou noutro diferente?
Como norma xeral, cada contedor debe encargarse dunha soa tarefa e facela correctamente.
- Hai moitas posibilidades de que teñas que escalar as API e front-ends dun xeito diferente ás bases de datos
- Os contedores separados permíten actualizar as versións de forma separada
- Aínda que podes usar un contedor para a base de datos local, é posible que usemos un servizo externo para a base de datos en produción.
- A execución de varios procesos engade complexidade ao inicio/apagamento do contenedor
Entón, actualizaremos a nosa aplicación para que funcione co seguinte esquema:
+----------+ +-------+
| Todo App | ---- | MySQL |
+----------+ +-------+