Saltar navegación

Acceso aos contedores

Tarefa

  1. Neste primeiro comando, imos crear un contedor de Alpine
    $ docker run -dit alpine
  2. Agora, accede ao interior do contedor a través dunha sesión de shell sh
    $ docker exec -ti <id-contedor> sh
  3. Executa un comando independente dentro do contedor e observa a súa saída (esta liña execútase dende o equipo anfitrión - host)
    $ docker exec -t <id-contedor> cat /etc/os-release
  4. Outra opción, é acceder directamente á sesión de shell que se executou no arranque do contedor (polo que se saimos desta sesión, o contedor vai deterse)
    $ docker attach <id-contedor>
  • Agora, executa un comando para ver o resultado de iniciar unha segunda sesión de sh sen indicar a opción -i (interactive) no comando exec

Feito con eXeLearning (Nova xanela)